Suadoiro "SON UN TOXIÑO" gris para nen@s!!
Normalmente a crianza non son tan toxos como os adultos, pero si que hai algún un pouco toxiño…
O toxo ou, como é coñocido científicamente, Ulex Europaeus, é unha planta que garda moita relación coa cultura galega. En si, trátase dun arbusto cunhas púas moi punzantes que ao florecer bota pétalos amarelos. Esténdese como unha capa verde e amarela moi vistosa en montes e ladeiras de todo o territorio galego.
Desta mestura de dureza e beleza sácanse os diferentes significados da expresión “ser un toxo”. Por unha banda punzante, de forma que se utiliza para definir o carácter de alguén seco ou arisco. Pero doutra banda, a beleza que se mostra coa flor, fai que a expresión se utilice tamén en ocasións para definir a seres queridos que teñen un xenio acentuado.
Desta maneira, é usual que pais ou avós utilicen a expresión: é un toxiño, refiriendose á crianza. Pequerrech@s que mostran o seu xenio cando teñen unha perrencha, e que é sinal do seu futuro carácter. E nese sentido, como é un sinónimo de ter carácter, e esta ligado á identidade galega, moitos adultos autoproclámanse toxos con moito orgullo.
E por iso sacan peito co galego coa frase na camiseta "SON UN TOXO" unisex para adult@s dispoñible en varios tamaños e cores.