Aí Falaches!!
Quen somos e que facemos!? ...
Dende Aí Falaches cremos na importancia de coñecer e preservar os trazos culturais propios de cada territorio. Por iso queremos fomentar o uso cotián e normalizado do galego. Coa compra e utilización dos nosos produtos (camisetas, suadoiros, bolsas, babeiros, mochilas, …) tamén queremos achegar unha finalidade pedagóxica e sensibilizadora, para poñer en valor o galego tanto no noso territorio como fóra do mesmo.
Unha maneira de mostrar o agarimo cara á nosa cultura, á vez que nos permite compartir este agarimo coa xente da nosa contorna, xa sexan galegos ou non. Desta maneira poñer en valor características da nosa identidade e trazos definitorios do noso territorio. E así, contribuír a que se conserve o noso idioma como patrimonio lingüístico e cultural. Axúdasnos?
Bota fóra a vergoña e saca peito co galego.
Á parte de sensibilizar e fomentar o uso do galego, a nosa intención é achegar esta lingua a todo aquel que o desexe. Coas traducións das camisolas de Aí Falaches facemos partícipes ao resto de linguas, de como de bonitas son as nosas palabras e expresións. Todo isto por que apaixónanos o mundo dos idiomas e aos poucos iremos traballando en novos proxectos. Proxectos onde a cultura sexa o eixo principal.
Así que convidámosvos a compartir a nosa cultura, con moito orgullo. E por suposto, co respecto cara a todas as culturas.