CAMISETA UNISEX "BICO" GRAN@ Aí Falaches®!!
Cando unha palabra é bonita, é bonita…
Conseguiremos que a xente diga biquiño e non tanto “besiño” ao imitarnos?
Xunto con “apertas”, son palabras que mostran o seu significado na propia pronunciación. Ao dicir bico parece que os labios (o beizos) lancen ese bico cara á outra persoa. Son palabras redondas que, ademais de bonitas, xeran boas vibracións cando as ves escritas nalgún lugar.
Ademais, nestes tempos que corren, nunca está de máis levar unha camiseta na que se promovan estas mostras de afecto. O agarimo non pode facer mal a ninguén. Así vanse poder rebaixar tensións, e abrir mentalidades de moita xente que quedou freada en etapas pasadas, onde os bicos estaban mal vistos e tiñan que darse ás agachadas.
Iso si, non vaiades malgastar recursos tampouco. Non se trata de regalalos sen usar a cabeciña, pero si de defender a naturalidade destes actos, ao mesmo tempo que defendemos con orgullo a lingua que esconden os nosos beizos.