Camiseta UNISEX "AÍ FALACHES" Gris!!
Aquí estamos, para falar, compartir… Saca peito co galego!!
Aí falaches non é só o texto da nosa camisola, se non que tamén é o noso nome. Porque aí falamos, nas camisolas e na nosa lingua, en galego.
En galego, cando alguén leva a razón, nos forgares, nas aldeas ou nas rúas pódense escoitar frases como: ten máis razón cun santo ou non lle falta razón… Pero cando a frase que di o noso interlocutor, non só leva a razón, senón que ademais é algo co que estamos completamente de acordo… entón chegou o momento. Aí é cando tes que espetar a expresión: Aí falaches! Case coa pena de non ser ti quen pronunciou tal sentenza antes.
E co galego pasa o mesmo… Non queremos ter que lamentarnos no futuro… Ter que dicirlles a outros que aí falaron, senón que queremos ser parte dos que aí falamos! E darlle ao galego o agarimo que calquera cultura merécese, e máis por ser a nosa, a dos nosos, e a que fai e permítenos ser hoxe como somos.
Así que xa o sabes, non tes que mercar a camiseta aí falaches, pero si que animámoste a sacar peito co galego e utilizar a túa lingua!!